-
Arco Iris Musical
http://lugonet.com/arcoiris
Arco Iris Musical é un establecemento especializado
en todo tipo de instrumentos tradicionais galegos: Gaitas,
zanfonas, tambores, pandeiros, tarrañolas, ... Contan
coa sua propia discográfica e información abondoso na
páxina sobre a súa actividade.
-
INSPO (Instrumentos
populares)
http://www.gaitas-inspo.com
Obradoiro de instrumentos tradicionais de Ourense. Ademáis
da liña puramente comercial adícanse á reproducción de
instrumentos antigos (como a do organistrum do Pórtico
do Paraiso da Catedral Ourensana).
-
Musical JR
http://www.musicaljr.com
Obradoiro artesán de instrumentos musicais. Inclúe un
catálogo cos diferentes instrumentos que fabrican (gaitas,
percusión e accesorios) e información sobre cada instrumento.
Ofrecen a posibilidade de aceptar pedidos por teléfono,
carta e correo electrónico.
-
Obradoiro de Gaitas
Seivane
http://www.seivane.es
Na páxina deste mítico obradoiro cóntannos a súa historia
e amósannos información detallada sobre as gaitas que
constrúen e accesorios. Ademáis temos algún artigo e fotos
de Susana Seivane.
|
|
|
ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS:
-
Aula de Música Tradicional
Gomes Mouro (Ourense)
http://www.virtualciber.net/~gomesmouro/
Páxina desta asociación, que ten como finalidade 'recuperar,
investigar, e difundir o patrimonio musical galego'.
Contén interesantes artigos e destaca sobre todo a súa
sección Mediateca con abondoso material gráfico e sonoro.
Asimesmo podes encontrar información periódica sobre
as actividades da asociación.
-
Colectivo
en Defensa da Gaita
http://www.cdg.es.vg/
Como ben din na presentación : " O Colectivo en
Defensa da Gaita (CDG) ten a idea de INFORMAR, CONCIENCIAR
e REACCIONAR ante a cada vez máis preocupante situación
que está a atravesa-la gaita galega como instrumento
tradicional e popular, tendo na actualidade como principal
ameaza a implantación do MODELO CULTURAL ESCOCÉS nas
bandas de gaitas."
-
Fundación Xeito
Novo de Cultura Galega
http://www.agrileira.com
Interesante páxina da Fundación Xeito Novo da Arxentina
na que ademáis de enterarte da interesante labor que
realizan na promoción da cultura galega, poderás consultar
o seu magazine bimensual A Grileira centrada na música
galega e todo que a envolve.
- Asociación
Cultural Barqueiro, de Vilaboa (Pontevedra).http://www.usuarios.lycos.es/acbarqueiro
|
DISTRIBUIDORAS, PRODUCTORAS, CASAS DISCOGRÁFICAS:
-
Chorima
http://www.vigonet.com/chorima
División da productorar AREAMASTER especializada en
música galega de todo tipo incluida a folk (Servando
e Contradança, Violia, Saraibas , ...). Podes acceder
a pequenas reseñas dos seus grupos, cortes de cancións
e á posibilidade de mercar discos
en
liña.
-
Do Fol Edicións
http://www.boa-music.com
Páxina da sección folk da discográfica Boa Music que
edita gran parte dos discos dos mellores grupos galegos
-
Sonifolk
http://www.sonifolk.com
Discográfica especializada en música folk, tradicional
e clásica de distinta procedencia con algunha presencia
galega (Leixaprén, Os Rosales, ...).
-
SONS Galiza
http://www.lugonet.com/sonsgaliza/
Compañia que ten no seu catálogo discos de xente como
Uxía, Xocaloma, Os Gaiteiros de Soutelo de Montes, Luar
na Lubre e moitos outros. A páxina ten versión en inglés
e permite mercar os discos facendo pedidos por teléfono
ou correo ordinario.
|
|
|
-
Ávalon
http://www.avalon-folk.com/
Sitio oficial do grupo vigués con información sobre
elas, o seu disco Lúa Meiga (con un corte da canción
do mesmo nome) e información para a súa contratación
-
Berrogüetto
http://www.berroguetto.com
Páxina oficial do grupo folk Berrogüetto. Actualmente
amosa información sobre a promoción do seu último disco
Hepta.
-
Carlos Beceiro
http://perso.wanadoo.es/cythara/
Este incansábel músico amósanos a súa faceta como solista
e como integrante de La Musgaña. Pon á nosa disposición
partituras de pezas tradicionais e danos información
dos seus discos e colaboracións.
-
Cristina Pato
http://www.cristinapato.com
Completa páxina con información persoal, sobre os seus
discos, concertos, taboleiro de mensaxes e todo moi
no seu estilo
-
Durindaina
http://www.arrakis.es/~camilor
Na páxina de Durindaina atoparás información sobre o
grupo (podes baixarte ficheiros de son do grupo) así
como información básica sobre a música galega e a súa
historia. Contan cunha versión da páxina en inglés.
-
Fia na Roca
http://www.ctv.es/USERS/fianaroca/
No seu sitio oficial ofrécennos información sobre a
historia da banda, a sua discografia así como unha zona
de Novas e Concertos actualizada con frecuencia.
-
Fol de Canguro
http://perso.wanadoo.es/foldecanguro/
Información sobre o grupo, compoñentes, os seus concertos
(pasados e futuros) e unha sección da que podes descarregar
alguns cortes da sua maqueta. Tamén conta cunha pequena
sección de ligazóns.
-
Fuxan os Ventos
http://www.lugonet.com/fuxanosventos/
Páxina oficial do histórico grupo con información sobre
a historia, compoñentes e discografía do grupo. Tamén
podes baixarte todas as letras das súas cancións, así
como cortes en Real Audio do seu último disco e algunhas
partituras. Ahh! E como non, A Carolina en mp3
-
Luar na Lubre
http://www.luarnalubre.com
Páxina oficial sobre o grupo. Abondosa información sobre
a súa discografía, fragmentos das súas cancións en mp3,
fotos, datas de concertos, historia do grupo e moitas
outras cousas máis. Se es un seguidor do grupo disfrutarás.
-
Mercedes Peón
http://www.mercedespeon.com
Páxina oficial de Mercedes Peón en varios idiomas (entre
eles o nihongo) con información biográfica, críticas,
equipo utilizado nas súas actuacións e o seu disco Isué.
Tamén podes escoitar fragmentos das cancións, baixarte
as letras, consultar as ligazóns propostas e escribir
ao seu enderezo de correo electrónico.
-
Milladoiro
http://www.milladoiro.com
Sitio oficial do histórico grupo folk. Biografía do
grupo, xiras realizadas, compoñentes, discografía, premios,
lista de novas e concertos actualizada e moitas cousas
máis. Dispoñen dunha tenda virtual onde poder encargar
os seus discos.
-
Ondina Xana - Músicas
do Atlántico e Mediterráneo
http://www.geocities.com/paris/cafe/5429/oxwebpagegal.htm
Páxina deste grupo folk barcelonés que bebe sobre todo
das músicas galega e catalana. Atoparás información
sobre o grupo, o seu curriculum, artigos sobre temas
musicais e varios arquivos de audio en varios formatos
(realaudio, mp3, ...
-
Xeito Novo - Folk
Celta
http://www.xeitonovo.com.ar
Persoas procedentes de distintas correntes musicas crean
un grupo na Arxentina para recrear a música tradicional
do mundo celta. Información sobre o grupo, discografía
(coa posibilidade de mercar en liña) e concertos.
-
Xistra
de Coruxo
http://www.xistra.com/
Información sobre a historia do grupo, compoñentes,
instrumentos utilizados e discografía completa.
-
Xosé Manuel Budiño
http://www.xosemanuelbudino.com
Sitio oficial do gaiteiro, con pouca información e disponíbel
en varios idiomas
|
INSTITUCIÓNS PÚBLICAS MUSICAIS:
-
Conservatorio de
Música Tradicional e Folque de Lalín
http://usuarios.tripod.es/folque
O único (até o de agora) conservatorio da nosa música.
Na dirección desta interesante iniciativa esta Uxía
Pedreira (ex-Chouteira). Inclúe moita información sobre
as actividades do centro, horários, inscripción, equipo
docente, contacto, traballos teóricos feitos por profesores
e alumnos ...
-
Universidade Popular
de Vigo
http://www.universidadepopular.com
Esta institución conta cun conservatorio de música tradicional
que imparte cursos de arpa céltica, canto popular, etnografía
e folclore, gaita, percusión, violín tradicional, zanfona.
Tamén conta con obradoiros de instrumentos populares,
lutheria antiga e outros. Da Universidade Popular sairon
importantes músicos como Anxo Pintos, Carlos Núñez e moitos
outros que triunfan na música galega actual. Asimesmo
imparten aulas históricos como Anton Corral.
|
|
|
-
Discografía galega
da CRTVG
http://www.crtvg.es/discos/listados.html
A Discografía máis completa da música galega. Con posibilidade
de consulta por intérprete, títulos dos discos, discográfica
ou distribuidora. Ademáis conta con unha sección de
novidades e un buscador.
-
Galician Bagpipes
http://www.clip.dia.fi.upm.es/~boris/gaita/gaita.html
Histórica páxina en ingles feita por Manuel Carro
sobre a gaita. Con abondosa información sobre a gaita
en xeral e a galega en particular así como todo o relacionado
con ésta ( artesáns, tipos, palletas, presencia en internet
...)
-
Ghastas Pista?
http://musicagalega.cjb.net/
Páxina sobre a música tradicional e folk de Galiza.
Actualízase frecuentemente e ten unha sección moi completa
de concertos e novidades discográficas
-
Lume na Palleira
http://www.lumenapalleira.com
Páxina do programa da Radio Galega adicado á musica
tradicional e folk. Información sobre programación e
especiais, lista de concertos, posibilidade de escoitar
programas anteriores
-
Ravachol
http://www.galego21.org/ravachol/concerto/index.htm
Páxina
de música tradicional e folk da Galiza.
-
O Curruncho de José
J. Presedo
http://www.arrakis.es/~jpresedo
Nesta páxina atoparás abondosa e variada información sobre
a gaita, o midi e outras historias (segundo palabras do
autor). Tamén inclúe información sobre concursos, diferentes
eventos, artigos sobre diferentes aspectos da gaita, ...
|
|
Se
coñeces algún outro:
info@acasadocoto.com ou no tlf 654 373 073
|