|
Pontevedra |
Alén do ar |
|
No nadal de 1997, nun instituto de Pontevedra xuntáronse un grupo de xoves estudantes co obxectivo de améniza-las festas. Deste grupo, cinco tomarían a decisión de reunirse periódicamente pra tacer música, neste xeito toi nado Alén do ar. Hoxe, máis de catro anos despois, a banda conta con seis compoñentes, tres deles ainda perduran dos seus inicios, providos dos mais diversos estilos musicais, o grupo énchese de todalas experiencias de cada un deles facendo de Alén do Ar un grupo de tendencia tradicional pero cun estilo de seu. A andaina de Alen do ar, non é despreciable posto que presume dun camiño de experiencia e de sinxeleza sen facer alardes discográficos' nin comerciais, se non sentíndo a música dende a súa base, compartíndoa co público e tacendo calquera lar dun esceario onde mostrá-la súa arte. Nesta experiencia atopamos diversas actuacións, e outras, como dúas participacións na Festa da Lingua no día das Letras Galegas en Pontevedra nos anos 1998 e 1999, grupo invitado na festa de solidaridade con Cuba na mesma cidade, Tamén na festa do albariño en Meaño, e finalista do certame de música Folk Xuventude 99 organizado pola xunta, asi entre outras. Na actualidade Alén doAr segue na súa taréfa de intrepetá-Ia nósa música engadindo a súa propia visión e desexandoo ben de seu para aqueles que Iles goste da música galega. |
|
Contactos:
Julio Abal Tlf 986 88 41 96 676 25 67 37 |
A casa do coto - listado de grupos - programación cultural - enlaces