Anacos de Buxo nace no mes de setembro do 2002,co fin de cumplir
o gusto de catro rapaces (de entre os 13 e os 16 anos), con
ilusión pola nosa música tradicional.
O seu fin era presentarse ao “concurso de cuartetos tradicionais”de
Ponteareas. Acadou unha moi boa posición, sendo finalistas.
Gracias ao seu éxito no primeiro concurso ao que se presentaron,
decidiron continuar como grupo e facer diversas actuacións.
Os compoñentes do grupo teñen un alto nivel de formación musical
gracias aos seus estudios no conservatorio e a súa actividade en
bandas de gaitas, concretamente na Banda de gaitas Xarabal e
diversos grupos de Vigo e comarcas.
En decembro do 2002 acada o terceiro premio no concurso de
Sanxenxo.
Proclámase campión do concurso celebrado en Arteixo no mes de
Abril do ano 2003 na categoría A.
Xa no mes de maio do mesmo ano, reciben o primeiro galardón no
VI concurso “Memorial Manuel Texo” celebrado en Vedra.
O día 12 de Xullo do ano 2003 gañan o terceiro premio no
concurso de cuartetos “IV Memorial Ricardo Portela” na cidade de
Pontevedra.
Tan só unha semana despois do Ricardo Portela, gañan o segundo
premio no concurso de cuartetos e quintetos de Miño.
Ao chegar o mes de Setembro,o cuarteto cumpre un ano,
concretamente o día 21, data que coincide coa final do concurso
de cuartetos de Ponteareas onde acadan o 2º premio
O día 21 de Decembro gañan o terceiro premio no concurso de
cuartetos tradicionais de Sanxenxo.
Compoñentes:
Xurxo Fernández: gaitas e frautas
Pedro Álvarez: gaitas e frautas
Ramón Corral: tamboril
Álex Covelo: bombo