|
Tenorio |
Foula |
![]() |
Marabillosa viaxe aquela. Aqucla marabillosa viaxe que nos levou a terras francesas por primeira vez, foi o xermolo do que hoxe podemos entender como "Fouta de Tenorio". En agosto de 200 os grupos de baile "Trazantes de Tenorio" e “Rosatia de Castro" de Padrón, realizaron unha viaxe cultural a Francia) tendo a oportunidade Miguel e Fernando de participar no acompañamento musical destes dous grandes grupos de baile do país. Durante a preparación desta viaxe, matinouse tamén o enriquecedor que podería resultar a aportación dun saxo para a música, aparecendo así en escea, a falla de poucos dias de subir o autobús cara Francia, a cstampa perfecta do" Jazzman de Corredoira": José Luis Rodríguez Palmeiro (Johnie). Durante os últimos ensaios previos á marcha, tanto Miguel como Fernando, decatáronse de que a inminencia da viaxe ía supoñer a dificultade de que, en tan pouco tempo, o novo compoñente da música aprendera tódolos temas do repertorio. Visto tal estes dous responsables gaiteiros decidiron grabarlle unha cinta cos temas, para que Johnie os fora oindo antes de marchar e para que tamén os fora escoitando no camiño. Chegada xa a hora de marchar de peregrinaxe, a cinta aínda estaba virxe. Xa chegados a Francia e sen prescncia de nota musical algunha no saxo de Johnie, procederon Miguel e Fernando a aprenderlte as pezas a mil por hora. E a mil por hora as aprendeu, facendo gala dunha orella de porco sen comparanza, Johnie papou os temas nun nada nadiña e empastounos dun xeito brutal co resto dos compoñentes da música. Despois de todos estes atrancos e presas, as actuacións durante a viaxe foron dunha calidade sorprendente e recibiron unha grande aceptación. Unha perfecta escachada! E a semente do millo xa estaba votada. Xa de volta nas terras onde o Lérez se fai home, e coa participación de Nito ó bombo e César o tamboril, artellan o que foi o máxico final daquel verán, cun bo feixe de actuacións en Festas populares e Romarías. Xa recollidos no inverno natural de finais de 2001 e comezos de 2002, e na primavera creativa destes rapaces, escomenzan a agromar nas cabezas “foulas” milleiros de ideas que surten coma burbullas na auga fervida. Froito de facer traballar o maxín, deste remoer, termina por cruzarsc no camiño as ideas destes músicos coas notas vinculeiras de .Jorge, que co agarimo que este home pon á hora de aloumiñar as teclas, fan que as melodías adquiran baixos e armonías que acentúan o sabor tradicional e o saber da academia da flor da xesta. Chegando a un punto determinado da historia do grupo. a natureza que é sabia, deu en equilibrar tanta nota e tanto acorde con máis percusión, tendo a ben así, mandar vía urxente dende as beiras de Euterpe a un dos mellores pcrcusionistas,.. e persoa que hai en Galicia,.. o extraordinario t.amborileiro de estudio e pasarrúas: Berto. Sabido é que non é bo que o home esté so. Sendo isto asi.,. que sube ó palco unha muller!. E subeu. Pero non unha muller calquera, non. Subeu unha muller que vale por sete homes... para compensar vaia. A muller feita xenio. Pero tamén paixón e sinxeleza, capaz de facer medrar como músicos a todos e xerando con Johnie un dúo de saxos de moito requinte. Ela é Ana e todos somos Foula de Tenorio. As gaitas de Miguel e Fernando, os saxos de Ana e Johnie, o acordeón de Jorge, as percusións de Nito, César e Berto. E a frauta traveseira e a requinta e as pandeiretas e as pandeiras e o oboe e o clarinete e outro saxo e... e o que veña... todo é FOULA, e esta todo preparado para facer estoupar o que sexa coa nosa música. E Foula é tamén Juan Carlos Iglesias Esperón, Sergio Cobos, Miguel, Roi, Pablo Seoane, Alfonso e Josito de Cacheiras, Sopas, Vicente (o do Coto) e algún máis, que se mollaron connosco nalgún chaparrón de música. E Foula é tamén Iván Costa, o noso sol que sempre está na sombra. E Foula son tamén todos os Xosés, Rosalías, etc que estades aí. Nos sernprc desexarernos esparexer polas vosas mentes de papel pautado o óleo, o salvado... a FOULA das mazarocas de millo debulladas e moidas froito daquela semente que querendo ou sen querer deu en pousar en terra boa naquel agosto de 2001. Idea central do texto de Miguel I:raguas López (Foula) Ideas secundarias e redacción do texto por Fernando López Buceta (Foula) |
Contactos:
Miguel 660 82 74 34 |
A casa do coto - listado de grupos - programación cultural - enlaces
© A Casa do Coto, S.L. 2005. Reservados Todos los derechos.