TALABARTE TRÍO
Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.
Neste proxecto únense o violino de Quim Farinha , o acordeón diatónico de
Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e outros lugares máis ou menos lonxanos. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aderezado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.
Provintes de bandas como Berrogüetto, Laio, Marful, Trío Drops, Fernando Llorca Quinteto, Susana Seivane Grupo,...contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente , sen deixar de mover os pes nin deixar indiferentes ós sentidos.