
Xochilmica é a terra na que medran dende os bonsáis máis ananos ata as máis altas secuoias. A única que permite a utopía dos fungos verdes.
Xochilmica é a auga bendita dos domingos (2 p.m.) que rega a alma, que da a vida e en clave de re, saca e exortiza os males nocturnos do Belcebú de garrafa.
Xochilmica é o lume que prende o facho do entusiasmo, o que a musa inspiración emprega para acendelas súas farias.
Xochilmica é a madeira viva das fragas galegas. O pau de salgueiro do cadaleito do monstro milenario, máis non eterno…
Xochilmica é o metal indestructible que conforma o dobre casco dos petroleiros que non rachan.
¿Quén pode fuxir da realidade?
¿Quén se evade incluso das ensoñacións?
¿Quén vai máis alá?
¡Deteñan o tempo! Algo acaba de nacer.
Escoiten, saboreen, sintan.
